Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Mariñas-Baredo.
Situación: Oia.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.980 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde o apoio 207 da L.M.T. Oia-Baiona, rematando no apoio 25 da L.M.T. que se proxecta, no entronque co futuro C.T. Baredo, concello de Oia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 21 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra