Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/291-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38,36201Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Xoán de Poio.

Situación: Poio.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 152 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Mourente-Sanxenxo, rematando no C.T. que se proxecta, en San Xoán de Poio, concello de Poio. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.R.B.T., aéreo-subterránea, de 59 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 544 m de lonxitude e tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra