Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/289-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Baredo-Santa Liberata.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 3.129 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, e 285 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o autotrafo Baredo rematando no C.T. de Santa Liberata, concello de Baiona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra