Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia e mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reforma e ampliación do Hospital de Montecelo, fase II-área oeste (Pontevedra).

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64, do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 61, fax (981) 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: obra de reforma e ampliación do Hospital Montecelo, fase II-área oeste (Pontevedra), por un importe de 2.455.853.762 ptas. (IVE incluído).

3. a) Lugar de execución: Pontevedra.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de reforma e ampliación.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 36 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia reforma e ampliación do Hospital Montecelo, fase II-área oeste (Pontevedra). Proxecto entregado ás copisterías.

Copynino Tef. (981) 58 89 38.

Copy Estudio Tef. (981) 59 33 85.

Tórculo Tef. (981) 59 26 00.

Prezos para pagar segundo tarifa.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 30 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 12 de xaneiro de 1998 a partir das 10 horas na sala de xuntas da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo en San Caetano-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas:

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades: 1997: 1.000.000 de ptas.

1998: 250.000.000 de ptas.

1999: 900.000.000 de ptas.

2000: 1.304.853.762 ptas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista:

Grupo: C.

Subgrupo: 2.

Categoría: f.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán ofertas que inclúan solucións técnicas que varíen o proxecto aprobado pola Administración.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión, Subdirección Xeneral de Investimentos, Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas. Telf. (981) 54 18 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: 19-6-1997.

17. Data de envío do anuncio: 24 de novembro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15-2-1996)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos