Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/277-1).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Hidroeléctrica Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9, 15010 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Xesteira-Granxas e Brea.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.085 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a Campo da Porta e final no apoio nº 9 desta liña. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9496