Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/284-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace Castrelos I, As Travesas II, C.P. municipal, P. industria.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L-29 de Balaídos no cruzamento da rúa Fragoso e camiño de Gándara ata o C.T. de Castrelos I, coa finalidade de cambia-la alimentación dos CC.TT. Castrelos I, As Travesas II, C. Deportivo Municipal e praza da Industria, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8815