Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto, con trámite de urxencia, para a contratación dunha subministración para a compra dun piano con destino ó salón de actos do Consello da Cultura Galega.

O Consello da Cultura Galega, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Consello da Cultura Galega.

2. Obxecto do contrato: adquisición dun piano para o salón de cctos do Consello da Cultura Galega.

3. Tramitación, procedemento e base de adxudicación: concurso público aberto, con tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: tres millóns cen mil pesetas (3.100.000 ptas.) IVE incluído.

5. Garantía definitiva: 124.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: Consello da Cultura Galega, Praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela. Teléfono: 58 80 88.

A data límite para a obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no Rexistro do Consello da Cultura Galega ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, nas dependencias do Consello da Cultura Galega.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1997.

P.O.

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaria xeral do Consello da Cultura Galega

9140