Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello do Carballiño (Ourense) aprobou inicialmente, en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1997, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Carballiño. De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública durante o prazo dun mes, para os efectos de que se poidan efectuar alegacións a este.

Asemade, e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comúnicase que as áreas do territorio municipal, ó térense modificado as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34.1º da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e que son:

Todo o termo municipal coa excepción das seguintes zonas:

Quedan excluídas da suspensión as zonas afectadas polas modificacións puntuais de: contorno da igrexa da Veracruz, praza maior, zona do Cornuval, parque empresarial, zona das Barcias e polígono industrial da Uceira.

Parcelas con fronte ás rúas:

Avda. Compostela (entre Catro Camiños e final VPO), rúa Castelao, rúa Paraño, estrada de Astureses (entre Avda. Balneario e estrada de Pontevedra), estrada de Señorín, estrada de Ribadavia (marxe dereita dirección Ribadavia), Avda. Julio Rguez. Soto, estrada de Ourense, rúas da Saleta, San Benito, Solaina e Carreira.

Zonas comprendidas entre as rúas:

-Castelao, Buenos Aires, Beariz, Leiro.

-Avda. Francisco Castelló, Avda. 25 de xullo, límite municipal con Maside, estrada de Ourenes, Conde Vallellano, Aquilino Sánchez, Carreira, Aldara, Cesáreo Tizón, estrada Señorín, Virtude, Pena da Sela, Calvo Sotelo, de Galicia, Circunvalación, Avda. Parque, Avda. Julio Rguez. Soto, estrada de Astureses, Avda. Balneario.

-Estrada de Astureses, estrada de Pontevedra, Trvsa. Amalia Mosquera.

-Avda. Arenteiro, estrada Astureses, circunvalación, rúa Tras Estrada Astureses.

As zonas puntuais que, de acordo co artigo 34 da Lei do solo de Galicia non sufran modificacións do réxime urbanístico.

Nas zonas cualificadas como solo de núcleo rural e de solo rústico suspéndese o outorgamento de licencias nas zonas en que varía o seu réxime urbanístico.

O Carballiño, 28 de novembro de 1997.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

97-9124