Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso, mediante procedemento aberto, para a adquisición de dez segadoras autopropulsadas, con destino ó mantemento de campos de fútbol da provincia.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 13 de novembro de 1997, aprobou o expediente de contratación do concurso sinalado, coas seguintes especificacións:

Tipo de licitación: fíxase en 7.500.000 pesetas IVE incluído.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e como fianza definitiva o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: no rexistro xeral da deputación, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.

Exposición e adquisición de pregos: a exposición dos pregos e anuncio do concurso realízase conxuntamente e pódense presentar reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio no BOP. No caso de reclamacións contra os pregos suspenderase a licitación.

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas, modelo de proposición e demais documentación están á disposición dos interesados no Servicio de Contratación tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións, de 9 a 13 horas.

Os gastos de inserción de anuncios e todos os que ocasione o expediente serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 13 de novembro de 1997.

Presidente

Rubricado

Secretario

Rubricado