Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono número 22 do Peri do Calvario. (Expediente 3712/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 17 de outubro de 1997, aprobou definitivamente a modificación do proxecto de urbanización do polígono nº 22 do Peri do Calvario, formulado pola xunta de compensación urbanizadora do ámbito e redactado polo enxeñeiro de camiños, Alberto Moreno García, con visado colexial do 9-7-1996, e documento complementario con data do 14 de abril de 1997 (entrada Rexistro Urbanismo do 15-4-1997, Doc. 9773960).

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 3 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

97-9436