Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración dun equipo de excarceración para o servicio de bombeiros do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Bombeiros, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 63329/210.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración dun equipo de excarceración para o servicio de bombeiros do Concello de Vigo.

Unidades que se van entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: para determinar polos licitadores.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.800.000 ptas.

5. Garantías: provisionais: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 19 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

97-9437