Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono 42 do Peri do Calvario.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 42 do Peri do Calvario e o seu complementario de iluminación pública, conforme a documentación elaborada polo enxeñeiro de camiños, Alberto Moreno García, visada o día 5 de marzo de 1990 polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

Vigo, 31 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9118