Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.A. 11 pista (Alcabre). (Expediente 3982/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.A. 11 pista na parroquia de Alcabre, redactado polos arquitectos Fraga, García-Quijada e Portolés, con documentación visada polo COAG o día 31 de maio de 1996.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación

ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9117