Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 3-11-1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes -e actualización do de xuño de 1986- do polígono Acea de Olga, solicitado pola súa xunta de compensación.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 11 de novembro de 1997.

Visto e prace

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

9122