Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial de estudios de alturas medias.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria extraordinaria celebrada o pasado trece de novembro, acordou aprobar inicialmente os estudios de fixación de alturas medias redactadas polo técnico municipal J. Fernando Fraguela Docanto, relativos as rúas: Dr. Carreño; Rúa Profesor Horacio Fernández; Rúa Curros Enríquez; parcela onde se situará o Centro de Saúde de Cariño e estrada xeral (tramo dereito) CP-6121/Sagrón (desde O Cadro ata Concepción Arenal), de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sométense a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun

dos xornais de máxima difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a publicación do presente anuncio no DOG. A documentación atópase á disposición do público nos servicios técnicos da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados individualmente.

Cariño, 17 de novembro de 1997.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

9438