Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 16/97).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. (Sogama), con enderezo social no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, para autorización administrativa dunha instalación de coxeración composta por catro grupos motoxerador de 5590 kW cada un alimentados a gas natural.

Lugar onde se vai establece-la instalación: planta de residuos sólidos urbanos que se localizará en Cerceda.

Orzamento: 2.210.000.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos. 15071-A Coruña.

A Coruña, 23 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8754