Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/81-2, 4768 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderzo social: Sáenz Díez, 45. 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Pedregas, Reboredo, S. Simón e Torro.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,022 km, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA e outro de 160 kVA 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95-50-25 Al,

para mellora do servicio eléctrico en Pedregas, Reboredo, S. Simón e Torro, concello do Corgo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8750