Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 116/97).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. (Sogama), con enderezo social no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, para autorización administrativa dunha planta termoeléctrica de 50 mVA composta por dúas unidades idénticas deseñadas para incinerar 569 Tm/día de CDR cada unha cunha producción máxima de vapor sobrequentado de 104.700 kg/h a unha presión de 64 kg/cm e unha temperatura de 443 ºC.

Lugar onde se vai establece-la instalación: no termo municipal de Cerceda, ó lado da explotación mineira de Jimeisa e a central térmica de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., limitando coa estrada de Mesón do Bento a Cerceda, nunha parcela de 56 Ha.

Orzamento: 17.472.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos. 15071-A Coruña.

A Coruña, 23 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9446