Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

ANUNCIO.

Sendo definitivo e aceptado pola Deputación Provincial da Coruña o acordo de delegación de competencias recadatorias en materia de vehículos de tracción mecánica, faise público o referido acordo en cumprimento do artigo 7 da Lei 39/1988:

Punto cuarto.-Delegación de competencias recadatorias en materia de vehículos de tracción mecánica na Deputación Provincial da Coruña.

Primeiro.-Delegar na Deputación Provincial da Coruña a xestión e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, de conformidade co previsto no artigo 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e co establecido no artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Segundo.-Solicitar da Deputación Provincial da Coruña a ampliación do vixente convenio asinado o día 14-12-1992 incluíndo nel, xunto coas delegacións que afectan a outros impostos, a xestión e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Terceiro.-Ratifica-lo devandito convenio vixente de delegación de competencias en materia de xestión tributaria e recadatoria en tódalas súas cláusulas.

Cuarto.-Acepta-lo marco de prestación delegado dos servicios de xestión tributaria, incluída a recadatoria, creado pola deputación provincial polos seus acordos plenarios en materia e aceptar en consecuencia o contido de tódolos instrumentos xurídicos que rexerán a dita prestación.

Quinto.-Tramitar este acordo de conformidade cos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais.

Sexto.-Faculta-lo alcalde presidente para o asinamento do convenio e cantos documentos sexan precisos para a execución dos actos que se requiran para levar a cabo este acordo.

Punto quinto.-Delegación de competencias recadatorias en materia de taxas e prezos públicos na Deputación Provincial da Coruña.

Primeiro.-Delegar na Deputación Provincial da Coruña a xestión e recadación da taxa pola recollida de lixo e do prezo público de entrada ós garaxes, de conformidade co previsto no artigo 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e co establecido no artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Segundo.-Solicitar da Deputación Provincial da Coruña a ampliación do vixente convenio asinado o día 14-12-1992 incluíndo nel, xunto coas delegacións que afectan a outros impostos, a xestión e recadación da taxa pola recollida de lixo e do prezo público de entrada ós garaxes.

Terceiro.-Ratifica-lo devandito convenio vixente de delegación de competencias en materia de xestión tributaria e recadatoria en tódalas súas cláusulas.

Cuarto.-Acepta-lo marco de prestación delegada dos servicios de xestión tributaria, incluída a recadatoria, creada pola deputación provincial polos seus acordos plenarios na materia e aceptar en consecuencia o contido de tódolos instrumentos xurídicos que rexerán a dita prestación.

Quinto.-Tramitar este acordo de conformidade cos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais.

Sexto.-Faculta-lo alcalde presidente para o asinamento do convenio e cantos documentos sexan precisos para a execución dos actos que se requiran para levar a cabo este acordo.

Negreira, 1 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9015