Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público o prego tipo de cláusulas administrativas que rexerán para a contratación de consultoría e asistencia mediante concurso, por procedemento aberto, para a redacción dos traballos ós que fai referencia o artigo 197.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Así mesmo, prócedese á publicación do seguinte anuncio de licitación, e no suposto de se formularen reclamacións contra os citados pregos de condicións, aprazarase a licitación cando resulte necesario.

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: adaptación das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Boiro á Lei 1/1997 como PXOU e catálogos.

2. Tipo de licitación: 7.777.778 ptas.

3. Partida: 432.227.06.

4. Prazo de execución: 24 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

8. Garantía provisional: 155.556 ptas.

9. Garantía definitiva: 311.112 ptas.

10. Revisión de prezos: non procede.

Modelo de proposición:

Don/Dona... con domicilio en... rúa... teléfono... con DNI número... actuando en nome propio (ou en representación de... conforme acredito con poder

suficiente) tomo parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da consultoría e asistencia consistente en... e fai constar:

1. Ofrece o prezo de... (en letra e en número) o que significa unha baixa de... puntos en relación co tipo de licitación.

2. Ofrece como prazo de execución do traballo o de... meses.

3. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato e xunta a documentación esixida no citado prego.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Boiro, 28 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

6813