Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/155-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: liña de media tensión e centro de Transformación Lista.

Situación: Laracha. A Coruña.

Descricións técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) aérea a 15/20 kV de 446 m de lonxitud en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Xesteira-Campo da Porta do mesmo apoio da derivada ó C.T. Granxas e final no C.T. aéreo que se vai construír en Liste, de 50 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9182