Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/137-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9, 1º (Est. 6), 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. enlace Xesteira-Campo, Deriv. C.T. Torre-Samiráns.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.493 m de lonxitud en conductor LA-56, que xunta as L.M.T. Lemaio-Xesteira (expediente 51448) e L.M.T. Bastón-Campo da Porta. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regula

mentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8816