Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade
pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9, 15010 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Xesteira-Granxas e Brea.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.085 m de lonxitud en conductor LA-56 que parte da L.M.T a Campo da Porta e final no apoio nº 9 de esta liña. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 3 de novembro de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
8817