Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais Rede O Porriño-Vigo. Addenda II promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei

de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: rede O Porriño-Vigo, addenda II, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia de Pontevedra, entre eles, Mos, O Porriño e Vigo.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións da rede de distribución de gas natural para usos industriais: rede O Porriño-Vigo, addenda II.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: esta addenda II, que minimiza a afección orixinal da rede en 133 metros lineais, afecta os seguintes termos municipais:

* O Porriño: o trazado orixinal modifícase nas seguintes zonas:

-A primeira, sitúase entre os vértices V-P-22 e V-P-27, co obxecto de evitar un soar edificable, discorrendo o trazado agora pola vía urbana, o que supor un incremento de lonxitude do trazado inicial de 71 m lineais.

-A segunda, consiste en desplaza-lo vértice V-G-10 ó novo V-G-9-1, co fin de evita-la afección a un soar urbano, o que supón un incremento de lonxitude do trazado inicial de 11 m lineais.

-Finalmente, a terceira sitúase entre os vértices V-S-17-20 e V-S-20, colocando así a traza na beiravía oeste da zona de servidume da estrada, e efectuándose o cruzamento con esta por perforación horizontal.

* Vigo: esta modificación do trazado orixinal consta de dúas zonas:

-A primeira, sitúase entre os vértices V-V-27 e V-V-27-2, causada pola futura construcción da autoestrada Vigo-Baiona, que supón un incremento de lonxitude do trazado inicial de 61 m lineais.

-A segunda zona, ocasionada con motivo da construcción da estrada á universidade, consiste en tres pequenas modificacións do trazado:

1. Do vértice V-V-31-31 ó V-V-31-33, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 16 m lineais.

2. Do vértice V-V-31-36 ó V-V-31-38, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 24 m lineais.

3. Do vértice V-V-31-59 ó V-V-31-62, diminuíndo a lonxitude do trazado inicial en 30 m lineais.

O encanamento construirase de aceiro de calidade Gr. B., segundo API 5L, incluíndo parte proporcional de accesorios.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 Nm3/h.

Termos municipais afectados: O Porriño e Vigo.

Orzamento: dous millóns cento trinta e sete mil noventa e nove pesetas (2.137.099 ptas.).

Afección a predios particulares: a afección a predios de propiedade privada derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase da seguinte forma:

Uno: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, un a cada lado do eixe do encanamento, ó longo del, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade, ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta

centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros a contados a partir do eixe do encanamento.

2. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación, e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar calquera acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderase reducir sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

C) Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

D) Ocupación temporal dos terrenos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflcita para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda, a relación cos cales se insire ó remate deste anuncio, para que poidan examinar nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunos no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola rede de distribución de gas natural para usos industriais O Porriño-Vigo, addenda 2

Afección

Catastro

Predio nºTitular e enderezoLng.

M.L.

O.T.

M

Políg.Parc.Natureza

Termo municipal: O Porriño.

PO-PR-1078/1Maderas Iglesias, S.A. Estrad. de Madrid, s/n Puxeiros,

36318 Vigo, Pontevedra

2222220321Monte alto, ermo
PO-PR-1184COTOP Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra,

Pontevedra

2585r/ Bos Aires
PO-PR-1185/1Concello do Porriño, Antonio Palacios, 1, 36400

O Porriño, Pontevedra

222509109Ermo
PO-PR-1186/1Confederación Hidrográfica do Norte, García

Mosquera, 1, 32005 Ourense, Ourense

10100Río Louro
PO-PR-1187/1Frigolouro, Travesía do Matadoiro, 36400 O Porriño,

Pontevedra

18210127901Urbana
PO-PR-1189Concello do Porriño, Antonio Palacios, 1 36400

O Porriño, Pontevedra

105320Vial
PO-PR-1190/1Frigolouro, Travesía do Matadoiro, s/n, 36400

O Porriño, Pontevedra

42126Entrada fábrica

Termo municipal: Vigo.

PO-VO-90/1Comunidad Montes de Beade ATT: José Rodríguez

Fernández Camiño, Gualdino-Porto, 40-Beade,

36312 Vigo, Pontevedra151951813Monte alto

PO-VO-91/1Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo,

Pontevedra10130Estrada

PO-VO-92/1Comunidade Montes de Beade ATT: José Rodríguez

Fernández, Camiño Gualdino-Porto, 40-Beade,

36312 Vigo, Pontevedra202601992Monte alto

PO-VO-92/2Descoñecido19625481992 Monte alto

PO-VO-92/3Descoñecido96124819965Monte alto

PO-VO-92/4CPTOPV Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra,

Pontevedra35455Autopista

Puxeiros-Val, Miñor

PO-V O-95/1Descoñecido6483219965Monte alto

PO-VO-96/1Olivia Vila Alonso Piñeiros, 2, Valadares, 36315

Vigo, Pontevedra03019938Monte alto

PO-VO-97/1Alberto Costas Pérez Garrida-Valadares, 36315 Vigo,

Pontevedra06019939Tierra labor

PO-VO-98/5Consuelo Barros Salgado a Garrida-Valadares, 36315

Vigo, Pontevedra1520019940Terra labor

PO-VO-98/6José Fernández Costas Cabral, Molais, 49 36215,

Vigo, Pontevedra050199s/nMonte alto

PO-VO-110/1CPTOPV Said Armesto, 1-1º 36002 Pontevedra,

Pontevedra45219965Arroio

PO-VO-165/5Consorcio da zona franca de Vigo área portuaria de

Bouzas, 36208 Vigo, Pontevedra2563330168s/nTerra labor

PO-VO-17 0/1Fernando Rodríguez Costas da Rúa-Beade Vigo,

Pontevedra2723014273Terra labor

PO-VO-171/1Antonio Rodríguez Casas Ramiro Pascual, 78-Beade,

36312 Vigo, Pontevedra1421014274Prado

Afección

Catastro

Predio nºTitular e enderezoLng.

M.L.

O.T.

M

Políg.Parc.Natureza

PO-VO-172/2Eugenio Comesaña Rodríguez o Porto-Beade, 36312

Vigo, Pontevedra

2131514275Terra labor
PO-VO-172/3Lino Alonso Rial, Estrad. A Venda, 15-Beade 36312

Vigo, Pontevedra

1624514276Terra labor
PO-VO-173/1Apolinar Iglesias Comesaña ATT: Jesús Rodríguez

Freiria, Camiño Norberto, 3-Babio-Beade, 36312

Vigo, Pontevedra

1322614277Terra labor
PO-VO-229/1Benjamín Alonso Alonso Manuel Cominges, 10,

36213 Vigo, Pontevedra

20275132282Terra labor
PO-VO-230/1María García Pasales As Carneiras-Matamá 36213,

36213 Vigo, Pontevedra

14160132281Terra labor
PO-VO-231/2Leonardo Ferández Fernández Saa-Rúa Seixo-Beade,

36312 Vigo, Pontevedra

11150132278Terra labor
PO-VO-231/3María Bastos Pérez Beade, 36312 Vigo, Pontevedra565s/ns/nTerra labor
PO-VO-232/1Hdros. Dorinda Rodríguez Orce Modesto

Alleres-Coutada-Beade, 36312 Vigo, Pontevedra

791132277Terra labor
PO-VO-2 33/1Eduardo Barreiro Porto Loureiro-Cruce Estrad. de Saa,

36212 Vigo, Pontevedra

898132277Terra labor
PO-VO-234/1Irene e Teresa Basteiro Porto Loureiro, 36213 Vigo,

Pontevedra

9112132276Terra labor
PO-VO-235/1Consuelo Costas Alonso Castrelos, 347, 36213 Vigo,

Pontevedra

891132275Terra labor
PO-VO-236/1Adolfo Basteiro Porto Loureiro, 36213 Vigo,

Pontevedra

325132274Terra labor
PO-VO-237/1Concello de Vigo Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo,

Pontevedra

1161450132273Terra labor, viña

Instalacións auxiliares

Abreviatura utilizada: PO=posición

Afección

Catastro

Predio nºTitular e enderezoLng.

M.L.

O.T.

M

Exp.

M

Políg.Parc.Natureza

Termo municipal: O Porriño.

PO-PR-1078/1-POMaderas Iglesias, S.A. Estra. de Madrid, s/nm

36318 Vigo, Pontevedra

004321Monte alto, ermo
PO-PR-1190/1-POFrigolouro Travesía do Matadoiro, s/n, 36400

O Porriño, Pontevedra

004Entrada fábrica

8815