Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/114-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. San Lázaro-Matadoiro.

Situación: Verín (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. subterránea a 20 kV, de 190 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x150 Al, desde o C.T. existente en Caseta, San Lázaro, e remata no C.T. matadoiro, tamén existente en Caseta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 27 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8431