Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/113-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Quinta do Monte.

Situación: Esgos (Ourense).

Descricións técnicas: liña L.M.T. aérea núa, a Quinta do Monte, tensión a 20 kV, de 2804 m de lonxitude, en conductor LA-56 desde o apoio nº 45 da L.M.T. a Xunqueira de Espadanedo, e remata no C.T. de Arcos. Liña M.T. aérea espida a C.T. de Melón de Arriba e Quinta do Monte, a 20 kV de 294 m de lonxitude en conductor LA-56, desde o apoio nº 18 da L.M.T. a C.T. de Arcos, e remata no C.T. proxectado de Melónde Arriba, con 50 kVA

a intemperie, R.D.T. 20.000/380-220 V e rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8768