Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/112-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: posición liña a 220 kV, subest. Castrelo-Pazos de Borbén II.

Situación: Castrelo de Miño (Ourense).

Descricións técnicas: novo posicionamento da liña a 220 kV que derivará da subestación de Castrelo (central hidráulica do mesmo nome) ata a nova subestación de Pazos de Borbén II. Estará equipada con seccionadores de barras, interruptor automático, tres transformadores de intensidade, seccionador de liña e tres transformadores de tensión capacitivos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8766