Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/94-2, 4782 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T., R.B.T. en Galegos, Nespereira e Piñeiro.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: dous centros de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V cada un, en Nespereira e Galegos. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3X25-50-95-150 Al e R.Z.-0,6/1 kV-2X25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Galegos, Nespereira e Piñeiro, concello de Carballedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8765