Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ACORDO de información pública (expediente 95/10/0128).

Data de iniciación: 2-3-1995.

Procedemento de delimitación e deslindamento do camiño do norte. Ruta de peregrinación da costa.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e no uso das competencias conferidas polo Decreto 256/1996, do 20 de xuño, que desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e baseándose no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992) e no artigo 5 da Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago de Compostela (DOG nº 101, do 23 de maio de 1996).

ACORDA:

Primeiro.-Someter a información pública o expediente de delimitación e deslindamento do camiño do norte. Ruta de peregrinación da costa.

Segundo.-O expediente estará exposto durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Cultura e Comunicación Social das provincias de Lugo e A Coruña, nos servicios centrais que a consellería ten no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, de Santiago de Compostela, así como nos concellos polos que pasa o devandito camiño:

-Provincia de Lugo: Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol.

-Provincia da Coruña: Sobrado, Boimorto e Arzúa.

Por non tratarse dunha resolución firme de delimitación e deslinde, contra este acordo non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que os interesados, segundo o establecido nos artigos 86 e 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), poderán realiza-las alegacións que consideren oportunas para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que, no seu día, poña fin a este procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9183