Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 27 de novembro de 1997 Páx. 11.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de outubro de 1997 pola que se autorizan determinados centros privados de danza para impartir provisionalmente as ensinanzas correspondentes ó primeiro ciclo de grao medio e mailas distintas probas de acceso ós cursos do dito ciclo, no curso académico 1997-1998.

A disposición transitoria segunda do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28), pola que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, sinala que os centros docentes privados que estean recoñecidos como centros de ensinanzas de danza de acordo co Decreto 1987/1964, do 18 de xuño, serán autorizados para imparti-las ensinanzas de grao elemental de danza correspondentes á nova ordenación do sistema educativo.

A disposición transitoria terceira do dito real decreto establece que os centros docentes privados que estean clasificados como recoñecidos para o ensino de danza de grao medio, con anterioridade á entrada en vigor do dito real decreto poderán solicitar autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio correspondentes á nova ordenación do sistema educativo.

Por Orde do 2 de outubro de 1996 (DOG do 8 de novembro), os cinco centros autorizados de ensi

nanzas de danza que existen na Comunidade Autónoma de Galicia, foron autorizados para impartir provisionalmente, o pasado curso 1996-1997, o primeiro curso do primeiro ciclo do grao medio das ditas ensinanzas, e maila correspondente proba de acceso ó dito ciclo.

Os centros autorizados de ensino de danza, que se relacionan no anexo á presente orde, solicitaron formalmente perante esta consellería a correspondente autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós cursos primeiro e segundo do primeiro ciclo de grao medio das ensinanzas de danza, así como para realiza-las probas de acceso ó primeiro ou segundo curso do grao medio, segundo establece o artigo 40.2º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro; e achegan documentación que acredita distintos graos de cumprimento dos requisitos mínimos físicos e de organización académica.

Cómpre garanti-la continuidade dos seus estudios ós alumnos e alumnas que no pasado curso académico iniciaron o primeiro ciclo do grao medio, co fin de permitirlles remata-lo ciclo. E ademais a autorización para imparti-lo primeiro ciclo esixe concederlles novamente, ós ditos centros, autorización para realiza-las distintas probas de acceso ós cursos do primeiro ciclo. Polo tanto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles autorización provisional, para o presente curso académico 1997-1998, para imparti-las ensinanzas correspondentes ós cursos primeiro e segundo do primeiro ciclo de grao medio das ensinanzas de danza, e mailas probas de acceso ó primeiro e segundo do primeiro ciclo do dito grao, ós centros autorizados que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-A dita autorización provisional non será prorrogada ó segundo ciclo do grao medio, en tanto os centros que se citan no anexo non cumpran o establecido no Decreto 389/1992, do 15 de abril.

Terceiro.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Centro

Data

creación

Decreto

DOG

Baby Study7-11-1991383/199114 de novembro

Coppelia14-3-1991129/199225 de marzo

Druida13-2-199256/19923 de marzo

Hannelore7-3-199186/199121 de marzo

Mayeusis26-6-1987157/198714 de xuño

9227