Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de montes MP-8/97.OUR e MP-12/97.OUR.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra as ditas resolucións e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderán interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario, sen que este se presente estas resolucións serán firmes para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe das sancións deberán ser ingresados no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 44030/003917-0 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten na Caixa Ourense, delegación da Torre, rúa Curros Enríquez, nº 1 de Ourense. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nas delegacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e nas oficinas desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MP-8/97.OUR.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Denunciado: José Arias González.

DNI: 34.537.712.

Último enderezo coñecido: San Miguel de Outeiro-Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Expedinte sancionador: MP-12/97.OUR.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: trinta e dúas mil (32.000) pesetas.

Denunciado: Gustavo Gómez Dobao.

DNI 34.537.774.

Último enderezo coñecido: San Miguel de Outeiro-Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

8651