Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso, por procedemento aberto das obras que se citan. (Expediente LU-790 e catro máis).

1. Entidade adxudicadora dos contratos:

1.1. Organismo: Delegación Provincial de Lugo.

1.2. Dependencia que tramita os expedientes; Servicio de Contratación.

2. Obxeto dos contratos: os descritos no anexo.

2.1. Tipos de contratos: obras.

2.2. Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 113, do 13 de xuño de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación dos contratos:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

ANEXO

1. Descrición do obxecto do contrato: rede de camiños de concentración parcelaria de Parada (Outeiro de Rei-Lugo).

Número de expediente: LU-790.

Orzamento base de licitación: setenta e dous millóns novecentas trinta e sete mil catrocentas trinta e nove (72.937.439 ptas.) pesetas.

Data de adxudicación do contrato: 16 setembro de 1997.

Contratista adxudicatario: Dago, S.A.

Importe da adxudicación: corenta e seis millóns seiscentas setenta e nove mil (46.679.000 ptas.) pesetas.

2. Descrición do obxecto do contrato: proxecto de camiños de concentración parcelaria de Vilaboa 2ª fase (A Pontenova-Lugo).

Número de expediente: LU-791.

Orzamento base de licitación: douscentos once millóns setecentas noventa e catro mil catrocentas trinta e dúas (211.794.432 ptas.) pesetas.

Data de adxudicación do contrato: 16 de setembro de 1997.

Contratista adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Importe da adxudicación: cento trinta e oito millóns novecentas trinta e sete mil (138.937.000 ptas.) pesetas.

3. Descrición do obxecto do contrato: rede de camiños de concentración parcelaria de Conforto 2ª fase (A Pontenova-Lugo).

Número de expediente: LU-792.

Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e un millón cento noventa e catro mil cento trinta e cinco (251.194.135 ptas.) pesetas.

Data de adxudicación do contrato: 16 de setembro de 1997.

Contratista adxudicatario: Isidro Otero García.

Importe da adxudicación: cento sesenta e cinco millóns trescentas trinta e cinco mil novecentas setenta e nove (165.335.979 ptas.) pesetas.

4. Descrición do obxeto do contrato: camiños de concentración parcelaria de Monte de Sante (Trabada-Lugo).

Número de expediente: LU-793.

Orzamento base de licitación: cento setenta e catro millóns cincocentas cincuenta e duas mil oitocentas setenta e sete (174.552.877 ptas.) pesetas.

Data de adxudicación do contrato: 16 de setembro de 1997.

Contratista adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Importe da adxudicación: cento nove millóns novecentas sesenta e oito mil trescentas trece (109.968.313 ptas.) pesetas.

5. Descrición do obxeto do contrato: 2ª fase dos camiños de concentración parcelaria de Riotorto-Espasande (Riotorto-Lugo).

Número de expediente: LU-794.

Orzamento base de licitación: cento setenta millóns trescentas cuarenta mil duascentas cincuenta e seis (170.340.256 ptas.) pesetas.

Data de adxudicación do contrato: 16 de setembro de 1997.

Contratista adxudicatario: Ovidio Villar,S.A. Construcciones, Ovisa.

Importe da adxudicación: cento seis millóns catrocentas sesenta mil (106.460.000 ptas.) pesetas.

Lugo, 31 de outubro de 1997.

(Decreto 87/1990)

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

8867