Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea L.M.

Visto o expediente incoado por Emilio Agra Piñeiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa

do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón (M. galloprovincialis) denominado L.M., outorgado pola orde ministerial do 29-11-1957, situado na cuadrícula nº 24, do polígono «G» de Cambados, rematando a concesión o 29-12-2002, e do que era titular Emilio-Salvador Agra Fernández.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de derradeiras vontades, o testamento e a escritura particional da herdanza debidamente liquidada de impostos, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Emilio Agra Piñeiro.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 14 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Pontevedra

8652