Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 433 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoo n.4 existente da L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra ata o apoio n.9, substituíndo os apoios 5, 6, 7, 8 e 9 por apoios metálicos, en Gándara, concello de Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 10 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8749