Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización adminsitrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/123-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: reforma L.M.T. Ponteareas-Mondariz tramo Bugarín-Prado.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.000 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existente de Bugarín rematando no C.T. existente de Prado, concello de Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas insta

lacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 14 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8255