Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 25 de novembro de 1997 Páx. 11.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/100-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: concello de Carballeda de Avia.

Enderezo social: Muñoz Calero, 3, 32000 Carballeda de Avia.

Denominación: L.M.T. e C.T. para depuradora de A.R. no Concello de Carballeda de Avia.

Situación: Carballeda de Aiva.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 70 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, desde a liña próxima de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. aéreo de 100 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V e R.B.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8039