Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (317/1996).

O Concello Pleno na sesión ordinaria do día 11 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestima-las alegacións formuladas por Marina González Vidal.

2. Aprobar definitivamente os estatutos e bases de compensación da zona 3 C do SU-15, por instancia de José Luis Sierra Rodríguez.

3. Nomear representante do concello na xunta de compensación a Julio Fernando Díaz Salcedo.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado poderanse utilizar outros se así se crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de outubro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

9215