Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía no día de hoxe, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle por iniciativa de Manuel Soneira Lema, que afecta a parcela situada entre a rúa Fábrica e Ponte da Pedra cos seguintes lindes: norte e este, fronte á Avda. Ponte

da Pedra; sur, linde medianeiro con edificacións contiguas; oeste, fronte do soar na rúa Fábrica.

Ó mesmo tempo sinálase a suspensión do outorgamento de licencias na área referida.

Durante o prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia poderá ser examinado o expediente por calquera persoa e formula-las alegacións que procedan.

Carballo, 17 de novembro de 1997.

Manuel Varela Rey

Alcalde

8705