Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 246, do 25 de outubro de 1997, publícase modificación das bases de técnico de Protección Civil (C.E. 2/1997), técnico grao medio Casa Ciencias-Domus (C.E. 1/1997) e arquitecto (C.E. 14/1997), publicadas no BOP nº 79, do 8 de abril de 1997 e no DOG nº 105, do 3 de xuño de 1997, a praza de arquitecto e no DOG nº 112, de xuño de 1997, as de técnico de protección civil e técnico grao medio Casa Ciencias-Domus.

Así mesmo, no citado BOP da Coruña nº 246, do 25 de outubro de 1997, publícanse as seguintes bases:

-Enxeñeiro industrial (convocatoria específica 4/1997).

-Técnico medio de tráfico (convocatoria específica 3/1997).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Logo da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios deste Concello.

O alcalde

P.D.

Rubricado

9205