Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional Gallega de Licenciados en Ciencias del Mar.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional Gallega de Licenciados en Ciencias del Mar que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos licenciados en ciencias do mar, ou aqueles que non sendo licenciados en ciencias do mar, destaquen polo seu labor na defensa dos estudios universitarios en ciencias do mar e na preservación dos ecosistemas mariños e litorais.

Asinan a acta de constitución: Alfonso Martín Martínez, e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997, DOG nº 181, do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

97-8788