Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do día 29 de setembro de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación da unidade de actuación delimitada no lugar da Queimada (Mallou de Arriba), entre as rúas da Queimada e Salgueiriños, promovido polo concello.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publi

cación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9209