Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/68-2, 4751 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: ampliación da Subest. Elect. 130/20 kV en Meira-7º fase.

Situación: Meira-A Pastoriza.

Descricións técnicas: ampliación parque de transformación da subestación eléctrica 130/20 kV de Meira (A Pastoriza), 7º fase. Instalación de intemperie, que constará do módulo de liña actual e tres módulos máis. 1º módulo transformación 12 M.V.A. (existente). 2º módulo transformación 30 M.V.A. 3º módulo de L.A.T. a O Ceao-Lugo, para mellora do servicio eléctrico na zona.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 15 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8738