Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/69-2, 4752 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. entre C.T. Montemar e C.T. Rego-2 en Covas.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, con conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 490 metros, entre C.T. Montemar e C.T. Rego-2, para mellora do servicio eléctrico en Covas, concello de Viveiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 14 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8737