Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 1997 Páx. 11.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/71-2, 4754 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. C.T., R.B.T. Subt. parque empresarial do Ceao, 1º fase.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, con conductor de 150 mm Al, cunha lonxitude de 2.231 metros. Dous centros de transformación de 400 kVA e 1 de 630 kVA 20.000/398-230±2,5%-5% V. Rede de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV de 150 e 240 mm Al, cunha lonxitude de 6.746 metros, para dar servicio eléctrico o parque empresarial do Ceao IN-F-1º fase, en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 15 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8739