Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do plan especial do catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos que hai que conservar no cuarteirón número 51. (Expediente 4556/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial do catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos que hai que conservar no cuarteirón número 51, conforme a documentación elaborada polo arquitecto municipal adscrito á Xerencia Municipal de Urbanismo, Alberto Abia Alonso, en outubro de 1997, e o estudio de detalle redactado polos arquitectos Colomés, con documentación visada polo COAG o día 14 de xullo de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8615