Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle na U.A.8 Grades (Oia). (Expediente 4348/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na U.A.8 Grades do núcleo 12.04 Igrexa do PXOU, formulado por Fernando Iglesias, José Conde, Agustín Beiro e outros, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Javier Martínez Díez, visada polo COAG os días 24 de xullo e 16 de setembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 31 de outubro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8560