Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de información pública.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, con data do 15 de setembro de 1997, o proxecto

de estudio de detalle redactado por Alfonso Lage Pérez por iniciativa de Urbanizadora O Monte, S.L. referido á parcela cualificada como solo urbano residencial de edificación entre medianeiras, gradación 2 URME-2 na Avda. de Compostela, exponse ó público polo prazo de 1 mes contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa que queira examina-lo procedemento na secretaría do concello, para deduci-las alegacións pertinentes.

Oroso, 27 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8549