Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada con data do 4 de setembro de 1997, acordou o seguinte:

«6º.-Resolución de alegacións presentadas para o estudio de detalle da rúa prolongación da dos Muíños na fronte das parcelas Ref. catastral número 77401.37, 77401.40, 77401.41, 77401.47 e aprobación definitiva deste, se procede».

Dáse conta de dúas alegacións presentadas en relación co asunto do epígrafe. Unha presentada por Francisco González Espada e Nélida Blanco Cortizas e outra presentada polo voceiro do grupo municipal do PSOE.

Igualmente, dáse conta dos informes emitidos polo aparellador municipal en relación coas ditas alegacións e que, transcritos literalmente, di o seguinte:

«Asto: alegación presentada por Francisco González Espada e Nélida Blanco Cortizas o estudio de detalle da rúa prolongación da dos Muíños na fronte das parcelas Ref. catastral número 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47.

O aparellador municipal, Alberto Fernández Vázquez, en relación coa alegación presentada por Francisco González Espada e Nélida Blanco Cortizas ó estudio de detalle formulado por Manuel Pérez Pérez, referente á rúa prolongación da dos Muíños na fronte das parcelas catastrais 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47, emite o seguinte:

INFORME

1. Que na alegación ó estudio de detalle de referencia presentada por Francisco González Espada e Nélida Blanco Cortizas co data do 7 de maio de 1997 e rexistro xeral de entrada número 1905, do 8 de maio, se expoñen basicamente os seguintes argumentos:

Primeiro: que son propietarios dunha parcela afectada polo trazado dunha futura vía, prevista no vixente PXOU/Rev. 81 de 9 m de sección, na forma que resulta do plano que se xunta, existe polo linde leste un acceso rodado sen ningún tipo de pavimento.

Segundo: refírese ás competencias para a aprobación incial dos estudios de detalle.

Terceiro: refírese á normativa legal que rexe para a elaboración dos estudios de detalle.

Cuarto: exposta a lexislación de aplicación, deben observarse as infraccións que se cometen co estudio de detalle:

a) Prodúcese un desprazamento do vial obxecto do estudio de detalle afectando a súa parcela, como consecuencia do dito desprazamento, en maior medida co PXOU en toda a súa fronte, e supoñendo un aumento das cesións e unha diminución da superficie edificable.

b) Efectáse unha modificación innecesaria e orixínase un grave problema ós colindantes afectados.

c) Incumpre o precepto de que manterán as determinacións do planeamento, modificando as aliñacións da vía, o que non pode efectuar un estudio de detalle.

d) Non se cumpren na parcela B as separacións ós lindeiros previstos no PXOU, relativo ó fondo máximo edificable.

2. Conforme as alegacións presentadas, o técnico que subscribe procede a respondelas seguindo a orde establecida no escrito:

Primeira: non é certo que a parcela estea afectada na forma que resulta no plano que se achega o escrito, xa que a afección vén determinada polo plano de aliñacións do vixente PXOU/Rev. 81 e non polo plano parcelario que achegan os alegantes.

Segunda: debido a que esta alegación fai referencia ás competencias sobre a aprobación do estudio de detalle, deberá procederse polos servicios xurídicos deste concello a emiti-lo correspondente informe.

Terceira: tamén se refire á lexislación aplicable para a elaboración dos estudios de detalle debendo, polo tando, emiti-lo correspondente informe os servicios xurídicos do concello.

Cuarta:

a) Teñen razón no sentido de que o desprazamento da vía prevista no vixente PXOU/Rev. 81 afecta á súa parcela, pero como se establece no apartado sexto do informe emitido polo técnico que subscribe con data do 5 de marzo de 1997, a variación da aliñación leva consigo un prexuízo potencial das parcelas; deberá ser resolto o treito intermedio deberá ser resolto polo concello ou promotor do estudio de detalle.

Esta exposición do técnico qeu subscribe vén dicir que, como consecuencia do posible prexuízo ás parcelas colindantes, é necesaria a execución dun instrumento de planeamento que defina se as ditas parcelas sofren variación nalgúns parámetros urbanísticos, debido a que a parcela en cuestión diminúe a superficie polo linde leste, pero tamén é certo que aumenta a superficie polo linde oeste como consecuencia do estudio de detalle aprobado o 25 de maio de 1988, non podendo polo tanto afirmar se se diminúe ou aumenta a superficie total da parcela, e consecuentemente a súa efificabilidade.

b) O informe favorable emitido anteriormente está condicionado (segundo se especifica no seu apartado 10), á resolución por parte do concello ou promotor do treito intermedio entre ámbolos dous estudios de detalle; enténdese que se pode emitir informe favorable dunha solicitude a expensas dalgúns condicionantes establecidos.

Con respecto á innecesariedade da modificación da aliñación, o técnico que subscribe entende que calquera propietario pode adaptar ou reaxusta-las aliñacións establecidas no planeamento sempre que non exista prexuízo para os predios colindantes.

c) Non é certo que o estudio de detalle non manteña as determinacións do planeamento vixente, xa que con este non varía o largo da vía nin se diminúen as superficies destinadas a espacios libres, así como tampouco se produce aumento de edificabilidade; prodúcese un reaxuste das aliñacións xa modificadas como consecuencia do estudio de detalle aprobado na data do 25 de maio de 1988.

d) O estudio de detalle cumpre os recuamentos establecidos no planeamento vixente, estes son os seguintes:

Separación a estremeiros: 4,00 m<7,00 m.

Separación a edificación existente: 6,75 m<8,80 m.

Tamén cumpre co fondo máximo edificable, xa que o planeamento permite executar sobre este (15 m) beirís por riba da planta baixa de ata 1,50 m de voo.

3. En consecuencia, o técnico que subscribe considera que o dito estudio de detalle cumpre coa normativa vixente, pero co condicionante de que a Corporación deberá soluciona-lo treito comprendido entre o estudio de detalle obxecto deste informe, e o aprobado con data do 25 de maio de 1988.

E para que conste para os efectos oportunos, emito o presente informe en Fene o catro de xullo de mil novecnetos noventa e sete».

«ASTO: alegación presentada polo grupo municipal socialista de Fene ó estudio de detalle da rúa prolongación da dos Muíños na fronte das parcelas Ref. catastral número 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47.

O aparellador municipal Albreto Fernández Vázquez, en relación á alegación presentada por Manuel Rodríguez Carballeira en representación do grupo municipal socialista de Fene, ó estudio de detalle formulado por Manuel Pérez referente á rúa prolongación da dos Muíños na fronte das parcelas catastrais 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47, emite o seguinte:

INFORME

1. Que na alegación o estudio de detalle de referencia presentada por Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do grupo municipal socialista de Fene, con data do 28 de xuño de 1997 e rexistro xeral de entrada número 2715, se expoñen basicamente as seguintes irregularidades:

a) Non se define o ámbito espacial do estudio de detalle, ó atoparse incluídas nel parcelas con outra referencia catastral.

b) Compútase na edificabilidade unha superficie ocupada pola vía denominada rúa de unión do cruzamento de Fene coa rúa da Fraga.

c) Aumenta a edificabilidade das parcelas e posibilita unha maior irregularidade no trazado da rúa que une Mirtos coa de unión do cruzamento de Fene coa Fraga.

2. Conforme ás alegacións presentadas, o técnico que subscribe procede a respondelas seguindo a orde establecida no escrito:

a) Non se define o ámbito espacial do estudio de detalle.

Esta alegación non é correcta, xa que nos planos número 2/5 e 3/5 do dito estudio de detalle vén perfectametne delimitado o seu ámbito espacial.

Outra cuestión que hai que formular é se as parcelas que figuran no dito ámbito son propiedade do promotor do estudio de detalle, e se a dita estructura parcelaria se axusta ó su ámbito.

Esta dúbida xa está exposta no parágrafo segundo do apartado cinco do informe emitido con data do 5 de marzo de 1997, no que se expón literalmente o seguinte: para os efectos de comproba-la veracidade dos ditos datos, o técnico que subscribe fai

unha verificación no expediente instruído por instancia do concello, referente á solicitude presentada polo promotor deste estudio de detalle para o cómputo de edificabilidade dunha parcela ocupada para a execución da rúa de unión entre o cruzamento de Fene e a estrada da Fraga, deducindo ser certa a propiedade das parcelas que presentan o desaxuste.

De tódolos xeitos, se a Corporación o cre oportuno, deberá solicitar do promotor do estudio de detalle a xustificación das ditas propiedades.

b) Cómputo na edificabilidade dunha superficie da vía.

Esta alegación xa está matizada no parágrafo terceiro do apartado quinto do informe anterior, no que se di literalmente o seguinte: aparece unha folla de avinza e cesión ó concello por parte de Manuel Pérez Pérez, con data do 25 de maio de 1995, condicionada a que o concello aprobe unha superficie neta para a parcela A, computando en tal superficie 26,40 m, correspondentes á maior cesión para a execución da rúa de unión do cruzamento de Fene coa rúa Muíños.

c) Aumento de edificabilidade e irregularidade no trazado da vía.

É certo que a parcela A, como consecuencia do estudio de detalle, pasa a ter unha edificabilidade total de 1.936,10 m, debido ó incremento de superficie desta, fronte ós 1.803,45 m que lle corresponderían segundo o PXOU/Rev. 81; pero tamén é certo que a parcela B pasa a ter unha edificabilidade total de 2.261,85 m, fronte ós 2.390,40 m que lle corresponderían polo vixente PXOU/Rev. 81, polo que o incremento total de edificabilidade é de 4,10 m, materializándose segundo o estudio de detalle a edificabilidade de 4.193,85 m que é a que lle corresponde segundo PXOU; non se produce, polo tanto, un incremento global da edificabilidade.

Con respecto á alegación presentada no sentido de que o estudio de detalle posibilitará unha maior irregularidade no trazado da rúa que une Mirtos coa rúa de unión do cruzamento de Fene coa Fraga, o técnico que subscribe entende que esta se produciu como consecuencia da aliñación modificada polo redactado polo enxeñeiro de camiños, Marcelino López Méndez, por petición de Fernando Rodríguez Méndez, aprobado definitivamente o 15 de maio de 1988, polo que será necesario facer un reaxuste de aliñacións da vía prevista no vixente PXOU/Rev. 81.

3. En consecuencia, o técnico que subscribe considera que o dito estudio de detalle cumpre coa normativa vixente, pero co condicionante de que a Corporación Municipal ou promotor do E.D. deberá solucionar conxuntamente con este E.D. o treito comprendido entre o E.D. obxecto deste informe e o aprobado definitivamente con data do 25 de maio de 1988.

E para que conste para os efectos oportunos, emito o presente informe en Fene o catro de xullo de mil novecentos noventa e sete».

Logo de deliberación, a Corporación municipal, en votación ordinaria e por maioría de once votos a favor (8 do BNG, 2 do PP e 1 de EU-EG), dous en contra (2 do PSOE) e unha abstención (1 de FI), cumpríndose así o quórum de maioría absoluta legal, acordou:

Prestar aprobación ós informes do aparellados municipal, rexeitando as alegacións presentadas por Francisco González Espada e Nélida Blanco Cortizas, así como a presentada polo voceio do grupo municipal do PSOE e, en consecuencia, aprobar definitivamente o proxecto de estudio de detalle da rúa prolongación da dos Muíños na frente das parcelas de referencia catastral número 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47 presentado por Manuel Pérez Pérez e redactado polos arquitectos Carlos Ardá e Bernardo Anatol, e aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía con data do 10 de abril de 1997, procedéndose á publicación do acordo de aprobación definitiva no BOP e no Diario Oficial de Galicia e notificándolles este ós interesados no procedemento, remitíndolle copia do expediente administrativo á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de conformidade co artigo 140.5º do Regulamento de planeamento.

Recursos.-Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto no artigo 58 e nas condiciósn establecidas no 57 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da presente notificación, logo de comunicarllo a este concello, seguindo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que exercite calquera outro recurso que considere conveniente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 19 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8559