Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: CA01/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adaptación das normas subsidiarias do Concello de Cariño en tramitación á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e redacción do correspondente Plan Xeral de Ordenación Municipal.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): catorce.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns novecentas mil pesetas (9.900.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 198.000 ptas.

Definitiva: 396.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: Praza da Pulida, s/n.

Localidade e código postal: 15360 Cariño.

Teléfono: 40 50 64.

Fax: 40 50 29.

7. Clasificación do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura na cláusula 13.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado «Documentación acreditativa da personalidade do contratista», conterá a documentación esixida na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado «Documentación complementaria», conterá a documentación esixida na cláusula 13.2 e das referencias técnicas necesarias para acre

dita-los extremos que hai que valorar dentro dos criterios de selección contidos na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

2ª Enderezo: Praza da Pulida, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposición (artigo 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Criterios de adxudicación do concurso.

Os regulados na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Poderanse examinar na secretaría do concello, e presentar alegacións no prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra eles.

Cariño, 14 de novembro de 1997.

Fernando Tallon Cabana

Alcalde

7577