Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 1997 Páx. 11.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 28 de outubro de 1997 polo que se anuncia a aprobación definitiva do proxecto do plan parcial do parque empresarial de Begonte.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997, aprobou definitivamente o proxecto do plan parcial do parque empresarial de Begonte, confeccionado polo enxeñeiro José Enrique Cacicedo Herrero, por cumprimento nel das condicións sinaladas pola Delegación Provincial de Lugo, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en informe favorable emitido para os efectos do disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acordo, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público en cumprimento do artigo 8 d) da devandita lei.

Begonte, 28 de outubro de 1997.

José Pena Rábade

Alcalde

8575